Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: June, 2019

Viaxe a Italia

A viaxe a Italia fai catro anos, o mesmo ano cando me rompín o brazo. A parte de ser a miña  primeira vez en avión, foi a primeira vez que saín de España para ir de vacacións.

O primeiro día non puidemos visitar moitas cousas porque xa era case de noite e tivemos que saír so para cear, o segundo día fomos a un museo dos grandes avances que fixo Leonardo Da Vinci, xunto coa súa ala delta a escala real.

O terceiro e cuarto día estivemos visitando a torre inclinada de Pisa e os seus arredores, despois de comer, íamos meu pai e máis eu o Jacuzzi do hotel para descansar un pouco e despois estar na habitación antes de ir a cear.

E ata aquí a miña entrada, adeus!!!

Cando estiven nun torneo de robótica

Este torneo foi 16 de febreiro deste ano, fumos 8 persoas que participabamos no grupo, catro das persoas estamos no instituto do IES da Pobra, tres persoas son do CEP Salustiano Rey Eiras e unha persoa do CEP Pilar Maestu Sierra.

Fumos a Padrón o día anterior o torneo para non ter que despertarnos moi pronto, o día seguinte estivemos unhas horas antes de que os demais membros do grupo máis os menbros do equipo de Ribeira, Cando chegamos fixéronos unha presentación do que se necesitarían polo menos 2 millóns de informáticos para o ano 2022.

Nada máis que o presentador rematara a presentación, tivemos que irnos rápido a unha sala para que nos presentaramos o noso proxecto científico, Este proxecto era dun robot que iría o espazo e recollería todos os escombros de cohetes e os mandaría o Sol para que se desintegrasen.

Estivemos toda a mañá metidos no anfiteatro facendo as probas para saber o equipo que iría o torneo de toda España e despois para o torneo mundial que celebrouse en Teneri…